VISITA ESTE ESPACIO Y DESCUBRE EUROPA Y SU CONSEJO

VISITA ESTE ESPACIO Y DESCUBRE EUROPA Y SU CONSEJO
Esta fue la imagen del año de inicio ¿buscamos la del 2016? POSA EL RATÓN EN LA IMAGEN y ¡adelante!

viernes, 24 de septiembre de 2010

Nós, Londoners

Chus Pato, punto de referencia na escrita galega contemporánea, sinala sen arroubo a Londres como a capital de Galicia. O clima. O ceo e a forma das nubes. O ritmo da cidade. E claro está, Portobello. Anos 60. Milleiros de mans galegas abandonan o país. Mulleres. Parellas, mellor sen fillos. E a limpar. Ou a coser, como Aurelia, a raíña da costura de Sloane Street. Cada vez que vexo as Singer nos escaparates de Spitafields-All Saints en Portobello Road non fago máis que pensar nas costureiras galegas. Coas máquinas na cabeza. Co futuro na cabeza. E tanto é así que disque as galegas e os galegos levamos todo na cabeza. Un mundo. E tamén a dignidade. E a lingua coa que lles seguiron contando ás súas fillas e fillos historias dun país encantado mergullado arestora na néboa. Historias de naufraxios na Costa da Morte, de loiras lumias na Terra de Montes e de tesouros ocultos nas profundidas castrexas do Deza. E a historia de Tagen Ata.
E así no 2010, nesta biodiversidade babélica que é Londres, emerxe aínda vizoso un carballo centenario, secular, fendido por un lostrego de verán, pero coa forza da cerna intacta. Esa forza aliméntase do alumnado que cada ano se afana por coñecer a lingua e a cultura galega no IE Vicente Cañada Blanc de Londres onde a biodiversidade lingüística é a súa trabe de ouro. O plurilingüismo. As oliveiras, as sobreiras, os piñeiros, as araucarias... e os carballos.
E desta volta, habemos de continuar a senda do máxico: meigas, web2.0, lurpias, podcasts, trasnos, photobooks, lobishomes, blogues, alicornios, wikis, mecos, escritorios virtuais, apalpadores e facebook.
Daquela dádelle volume ao aparato, debuxade un sorriso nos beizos e non perdamos a esperanza mentres manaciais como Laura ou Sonia reguen a carballeira:








X. Varela
Profesor de lingua e literatura galega no IE Cañada Blanc de Londres

6 comentarios:

  1. Como xa dixe no blog das rapazas é una sorte poder seguir descubríndo a lingua galega dende Londres.

    Grazas profesor

    ResponderEliminar
  2. Una entrada muy emotiva, ¡y sorprendente! ¡No sabía que se aprendía gallego en Londres!

    Un texto precioso.

    Saludos.

    ResponderEliminar
  3. Eu como galega estou chea de ledicia logo de ler esta maravilla. Tamén descoñecía que se estivise a aprender esta "a nosa lingüa" en Londes. Máis, que maravilla!
    Ana Dopico

    ResponderEliminar
  4. Gracias Xaime por esta bella entrada. Sí que hay gallego en Londres y hay muchas y muy bonitas razones pra que lo haya pero eso...será objeto de una entrada especial que le dedicaremos en esta semana de cierre.

    ResponderEliminar
  5. Grazas a ti Mercedes por contar connosco para este proxecto tan interesante. Espero seguir colaborando contigo ao longo deste ano.

    ResponderEliminar
  6. Que descubrimento marabilloso, ¡galego en Londres!
    Que ledicia oir a nosa fermosa lingua en boca de londinenses. Realmente parecen galeguiñas falando.
    Parabens ao profe e ás alumnas

    ResponderEliminar