VISITA ESTE ESPACIO Y DESCUBRE EUROPA Y SU CONSEJO

VISITA ESTE ESPACIO Y DESCUBRE EUROPA Y SU CONSEJO
Esta fue la imagen del año de inicio ¿buscamos la del 2016? POSA EL RATÓN EN LA IMAGEN y ¡adelante!
Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de septiembre de 2013

Y...TÚ... ¿POR QUÉ HABLAS GALLEGO?


Eu fáloo porque sí, porque me gusta,
porque me peta e quero e dame a gaña
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados, 
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao poñer a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos avós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.
Eu fáloo porque sí, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa miña xente,
preto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingua

Pero mellor contámoscho cuns vídeos

Ás veces no meu país faltan as palabras



Deitado fronte ao mar



O galego é a lingua máis difícil do mundo

Cantar de cego da historia da nosa lingua

viernes, 24 de septiembre de 2010

Nós, Londoners

Chus Pato, punto de referencia na escrita galega contemporánea, sinala sen arroubo a Londres como a capital de Galicia. O clima. O ceo e a forma das nubes. O ritmo da cidade. E claro está, Portobello. Anos 60. Milleiros de mans galegas abandonan o país. Mulleres. Parellas, mellor sen fillos. E a limpar. Ou a coser, como Aurelia, a raíña da costura de Sloane Street. Cada vez que vexo as Singer nos escaparates de Spitafields-All Saints en Portobello Road non fago máis que pensar nas costureiras galegas. Coas máquinas na cabeza. Co futuro na cabeza. E tanto é así que disque as galegas e os galegos levamos todo na cabeza. Un mundo. E tamén a dignidade. E a lingua coa que lles seguiron contando ás súas fillas e fillos historias dun país encantado mergullado arestora na néboa. Historias de naufraxios na Costa da Morte, de loiras lumias na Terra de Montes e de tesouros ocultos nas profundidas castrexas do Deza. E a historia de Tagen Ata.
E así no 2010, nesta biodiversidade babélica que é Londres, emerxe aínda vizoso un carballo centenario, secular, fendido por un lostrego de verán, pero coa forza da cerna intacta. Esa forza aliméntase do alumnado que cada ano se afana por coñecer a lingua e a cultura galega no IE Vicente Cañada Blanc de Londres onde a biodiversidade lingüística é a súa trabe de ouro. O plurilingüismo. As oliveiras, as sobreiras, os piñeiros, as araucarias... e os carballos.
E desta volta, habemos de continuar a senda do máxico: meigas, web2.0, lurpias, podcasts, trasnos, photobooks, lobishomes, blogues, alicornios, wikis, mecos, escritorios virtuais, apalpadores e facebook.
Daquela dádelle volume ao aparato, debuxade un sorriso nos beizos e non perdamos a esperanza mentres manaciais como Laura ou Sonia reguen a carballeira:








X. Varela
Profesor de lingua e literatura galega no IE Cañada Blanc de Londres